Apnea. Var 2ª

Hai algunhas veces en que a palabra é poesía. Hai certas ocasións en que a palabra se volve materia. Mais pode haber aínda outras, as menos, en que todas as liñas de forza dun espectáculo teatral conseguen que a palabra se volva poesía e, ao tempo, que a poesía cobre corpo. Apnea […] é “libreto coreográfico” en que todas as liñas de forza da representación abeiran o lírico, xogan co sublime para logo incidiren con máis forza –e crueldade- na mensaxe […] entretecendo, a modo de mallas, unha obra chea de emocións éticas e estéticas.

  • Texto e dirección: Roberto Salgueiro
  • Espazo escénico, iluminación e figurinos: Roberto Salgueiro
  • Intérpretes: Marcos Montiel, Miguel Gendre, Alba López, Carlos Hermida e Aldara Cidrás.
  • Arranxos de vestiario: Clotilde Vaello
  • Técnico de iluminación: Raúl Giraldo (RTA)
  • Programa e cartel: Gerardo Fuentes
  • Técnico de son e Asistencia de dirección: Clara Martín
  • Ano: 2014

 

Premios:

  • Premio á mellor interpretación: Miguel Gendre (Covilha, Portugal)
  • Premio do Público (MITEU, Ourense)
  • Premio á mellor interpretación: Miguel Gendre (Vilnius, Lituania)