Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha mallera a meu fillo.
A proposta que realizamos céntrase en dous conceptos básicos que constrúen o texto de Rodrigo García: a violencia e o humor. Esta mestura constitúe un armazón grostesco que contén unha lectura aceda, tremendamente crítica, sobre o individuo sometido, ao seu pesar, por un sistema que o oprime e sobre o que non ten capacidade de reacción.
A obra completa de Rodrigo García (Bos Aires, 1964) está publicada en La Uña Rota (ed.), co título Cenizas escogidas: Obras 1986-2009.
- Texto: Rodrigo García
- Dirección e iluminación: Roberto Salgueiro
- Adaptación literaria: Roberto Salgueiro
- Intérpretes: Miguel Gendre, Beatriz Pérez, Alba López e Miguel Torres.
- Vestiario: Clotilde Vaello
- Asistencia Técnica: Raúl Giraldo (RTA)
- Programa e cartel: Gerardo Fuentes
- Asitencia de dirección: Clara Martín
- Ano: 2013
Premios:
- Premio á mellor resolución técnica (MITEU, Ourense)