MORRAOCONTO ᴛᴇᴀᴛʀᴏ ᴇ ᴅᴀɴᴢᴀ somos Rafa Martínez, Lara Pouso e Miguel Gendre.

MORRAOCONTO nace no verán de 2021 en Santiago de Compostela, cando a equipa converxe nun traballo común para o festival USCénica.

A compañía créase como resposta á necesidade de crear unha plataforma de xestión propia coa que levar a cabo diferentes proxectos, partindo das artes escénicas como eixo principal, e diverxendo en distintos eidos como son: a creación escénica, o audiovisual, a música, a danza, a divulgación e a formación.

MORRAOCONTO tenta aportar un valor engadido nas súas propostas escénicas, entendendo os nosos procesos creativos como espazo de colaboración no que traballar con artistas e profesionais de diferentes disciplinas, aos que invitamos a mergullarse no noso imaxinario.