Historia do Cardenio

Logo da súa atrevida e brillante Salomé, a compaía GN Teatro, visita a Facultade de Filoloxía para facer dialogar a Cervantes e Shakespeare.
Cardenio é o título dunha peza de Shakespeare e Fletcher, posiblemente baseada no episodio homónimo do Quixote.
Perdida a obra orixinal nun incendio do célebre Globe, este Cardenio figurado por GN é unha ocasión extraordinaria para imaxinarmos o único testemuño literario da relación entre Cervantes e Shakespeare.

  • Dirección: Helena Salgueiro
  • Intérpretes: Miguel Gendre, Lara Pouso, Helena Salgueiro
  • Música: Manuel Fernández
  • Produce: GN Teatro
  • Ano: 2016