Vesperi Lux
A proposta VESPERI LUX é unha investigación artística multidisciplinar sobre a luz.
Os ritmos da vida actuais nas cidades: frenetismo, ansiedade e inmediatez provocan que custe deterse. Atopámonos ante o salvaxe capitalismo. A bombilla representa (tamén) a industrialización, a automatización. Somos capaces de desconectar de este ritmo vital? Descansamos ao durmir?
Vesperi lux é unha partitura
Son palabras en latín
É unha musica inquedante
É unha sensación
Proxecto seleccionado para as Residencias Artísticas e de Investigación «Atopémonos Bailando» 2024.
- Idea orixinal: Miguel Gendre
- Creación e dirección: Miguel Gendre e Juanma Lodo
- Asistencia Coreográfica: Paula Quintas
- Espazo Sonoro e Iluminación: Juanma Lodo
- Residencia: Xuño 2024 (Museo MIHL Lugo)
- Co apoio de: