TROMSØ

SINOPSE

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.

Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

Tromsø é un proxecto multidisciplinar que hibrida teatro, danza, visuais e música en directo.

 

FICHA ARTÍSTICA

  • Dirección, Texto e Dramaturxia: Rafa Martínez
  • Dirección Coreográfica e de Movemento: Esther Latorre
  • Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
  • Música en directo: Julia Ammerman, Lucía Iglesias
  • Asistencia de Dirección: Clara Martín
  • Espazo Escénico: morraoconto, José Faro
  • Deseño de Vestiario: morraoconto, Ana Gesto
  • Deseño de Iluminación: José Faro «Coti»
  • Voz en Off: Lidia Veiga
  • Animacións, Deseño e Imaxe Gráfica: Rafa Martínez
  • Máscaras: Rafa Rey Domech
  • Cámara, Corrección de cor: Román Sanín
  • Agradecementos: Alfredo López (CEMMA Cetáceos), Ana Gesto, Roberto Salgueiro, Manu Lago, Paula Quintas, Edu Iglesias, Pilar Martínez, Sheyla Fariña, Mani.

Co apoio de: Xunta de Galicia a través da AGADIC

Colaboran: Concello de Ames, Concello de Santiago, Compostela Cultura, Concello de Arzúa, Concello de Vimianzo, Deputación de Coruña, CEMMA Cetáceos.