Sinfonía

O Centro Dramático Galego (CDG), compañía institucional de teatro dependente da Consellería de Cultura de Galicia, afronta a súa nova tempada 2008-09, coa idea de recordarlle ao público que o teatro «forma parte» del e coa celebración dunha efeméride especial, xa que o próximo ano, en marzo, será o seu 25 aniversario.

Trala posta en escena ena rúa da performance ‘Sinfonía’, dirixida por Victor Hugo Pontes e interpretada por estudantes de Santiago, o Salón Teatro de Santiago acolleu no seu interior a presentación da nova tempada do CDG, que contou coas intervencións da directora desta compañía, Cristina Domínguez, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

«O Salón Teatro abre as ventás e os balcóns ao teatro e queremos que os espellos reflexen as caras dos espectadores aos que pedimos que veñan», afirmou a conselleira, nun guiño ao espectáculo que se puido presenciar previamente na fachada destas instalacións e na rúa.

  • Dirección: Victor Hugo Pontes
  • Interpretación: Amantia Coello, Berta Cobo, Charlotte, Daniel Baamonde, Ester, Fran Paz, Mónica Veiga, Miguel Gendre, Nazaret López, Olalla Janeiro, Olalla Vazquez, Raquel Nogueira, Raquel Riesgo, Xisela Maneiro
  • Produción: Centro Dramático Galego
  • Ano: 2008