Ljósio y otras canciones
Ljósio y otras canciones é o resultado dun proxecto impulsado por LAR Pro Saúde Mental. A necesidade de loitar contra o estigma existente sobre as enfermidades mentais levounos a poñer en marcha esta peza na que participan actores con e sen patoloxía mental.
O proxecto consta de tres partes:
- A realización dun taller onde se traballaron diversos aspectos da comunicación non verbal e verbal, do ritmo, das relacións físicas e da propia creación.
- A segunda parte articulouse sobre a improvisación a través da música.
- A terceira centrouse na creación deste traballo final.
- Creación e dirección: Roberto Salgueiro
- Intérpretes: Miguel Gendre, Obdulia Abal Longo e David Paulos Ves
- Deseño de cartelería e programa: Gerardo Fuentes
- Asistencia Técnica: RTA
- Producen: Teatro do Iceberg, Lar Pro Saúde Mental e Laboratorios Jannsen
- Ano: 2016
