Humanario

«Humanario» de Pilar García Rego (Teo- 1966)
Lindes fráxiles como unha capa de xeo no mar de Bering entre o Hoxe e o Mañá.
Humanario é un travelling polo máis evolucionado dos animais (oxalá un día venzan)
É posible, iso si, que a viaxe comece cara abaixo (a Catábase), ata o fondo da lama, ata non recoñecer as nosas propias mans.

Con esta base, Miguel Gendre, deseña unha danza onde da vida a algúns fragmentos da viaxe de Humanario. Percorrendo as pegadas dos Inuits, das paisaxes vitais, das fendas e feridas do amor. A viaxe musical polo noso, o que nos é cercano.

 

  • Lugar: Couso, Teo.
  • Organiza: Xesteira